viernes, 4 de mayo de 2012

A Asociación de Periodistas de Santiago reproba os calificativos do alcalde de Vigo a La Voz de Galicia

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) reproba os calificativos (fascista e antiviguista) cos que o alcalde de Vigo se dirixe a"La Voz de Galicia" para recriminarlle ao xornal a noticia, con demostración gráfica, na que se daba conta de que o citado alcalde, o día primerio de maio,acudiu á manifestación do Día do Traballo en coche oficial.

A Asociación da Prensa de Santiago considera moi graves e indignas dun rexedor institucional estas acusacións, e recórdalle ao alcalde de Vigo que os medios de comunicación están precisamente para denunciar os excesos do poder.

A APSC felicita a La Voz de Galicia por esta información e alenta a todos os medios de comunicación galegos a que estean sempre dilixentes para dar unha información completa e veraz do que acontece.

Asinado: Directiva da APSC

Éxito na convocatoria de xornalistas en Compostela contra a devastación da profesión

 Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
A concentración convocada pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela no Día Mundial da Liberdade de Prensa foi un éxito. Un nutrido grupo de socios, xornalistas e profesinais dos medios, profesores e representantes da facultade de Ciencias da Comunicación e alumnos de Xornalismo, entre outros participaron na concentración de 5 minutos que se celebrou este mediodía diante da facultade de Ciencias da Comunicación baixo o lema “Sen xornalistas non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia”.

No acto, a voceira e membro da directiva da APSC, Carolina Carballedo leu un manifesto conxunto contra a devastación xeneralizada e a degradación que está sufrindo a profesión xornalística en toda España, coa desaparición de preto de 6.000 postos de traballo nos últimos tempos.

A campaña foi moi secundada en máis de 50 localidades de toda España e mesmo no estranxeiro, como Bruxelas, ondeo Luís Menéndez, presidente da Asociación de Periodistas de Santiago a presentou como delegado de Relacións Internacionais en nome de FAPE nunha reunión de xornalistas europeos organizada pola Federación Internacional de Xornalistas (FIP)

O acto forma parte da campaña que están a desenvolver por toda España as 61 asociacións de profesionais do xornalismo adscritas á Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), e que representa a 20.000 xornalistas en todo o estado.