martes, 1 de mayo de 2012

Convocatoria de xornalistas en Compostela contra a devastación da profesión


O xoves 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela convoca, ás 12.00 h. da mañá, diante da Facultade de Xornalismo e Ciencias da Comunicación a socios, profesores, alumnos, organizacións sociais e cidadáns en xeral sensibilizados coa liberdade de expresión a unha concentración de 5 minutos baixo o lema "Sen xornalistas non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia". O acto de Santiago, forma parte integrante da campaña que por toda España desenvolverán ese día as 61 asociacións de profesionais do xornalismo adscritas a FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España) e que representa a 20.000 xornalistas en todo o Estado. No acto lerase un comunicado conxunto contra a devastación xeneralizada e a degradación que está sufrindo a profesión xornalística en toda España e a desaparición de perto de 6.000 postos de traballo nos últimos tempos.