A concentración convocada pola Asociación de
Periodistas de Santiago de Compostela no Día Mundial da Liberdade de Prensa foi
un éxito. Un nutrido grupo de socios, xornalistas e profesinais dos medios,
profesores e representantes da facultade de Ciencias da Comunicación e alumnos
de Xornalismo, entre outros participaron na concentración de 5 minutos que se
celebrou este mediodía diante da facultade de Ciencias da Comunicación baixo o
lema “Sen xornalistas non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia”.
No acto, a voceira e membro da directiva da APSC,
Carolina Carballedo leu un manifesto conxunto contra a devastación xeneralizada
e a degradación que está sufrindo a profesión xornalística en toda España, coa
desaparición de preto de 6.000 postos de traballo nos últimos
tempos.
A campaña foi moi secundada en máis de 50 localidades
de toda España e mesmo no estranxeiro, como Bruxelas, ondeo Luís Menéndez,
presidente da Asociación de Periodistas de Santiago a presentou como delegado de
Relacións Internacionais en nome de FAPE nunha reunión de xornalistas europeos
organizada pola Federación Internacional de Xornalistas (FIP)
O acto forma parte da campaña que están a desenvolver
por toda España as 61 asociacións de profesionais do xornalismo adscritas á
Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), e que representa a
20.000 xornalistas en todo o estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario